Visión artificial · Administracións públicas

A IA que entende o que xa están vendo as súas cámaras.

CentinelIA360 é un único motor de visión artificial que se adestra para o evento que vostede precise detectar: contar persoas, vixiar un aforo, localizar vandalismo, ler matrículas, atopar un foco de calor ou censar piscinas e placas solares. E tanto lle ten de onde veña a imaxe: as cámaras fixas que xa ten na vía pública e nos seus edificios, as embarcadas nun vehículo, o móbil dun axente, unha cámara térmica ou o voo dun dron.

Cámara fixa Cámara embarcada Móbil do axente Dron Cámara térmica …e calquera outra cámara
RTSP / ONVIF Inferencia no bordo ISO 42001 · ENS Alto Detectores a medida
1 motor
Todos os eventos, un só despregamento
Calquera cámara
Fixa, embarcada, móbil, térmica ou dron
Bordo ou servidor
A imaxe non ten por que saír
A medida
Adéstrase coas súas propias imaxes
A plataforma

Non é unha cámara intelixente. É unha capa de intelixencia sobre as cámaras que xa ten.

A maioría de organismos non precisa outro sistema de videovixilancia: precisa que o vídeo que xa se está a gravar sirva para algo. CentinelIA360 colócase enriba desa infraestrutura e converte o vídeo en feitos consultables: cantas persoas hai, que matrícula pasou, onde apareceu unha pintada, cantas piscinas non declaradas hai nun polígono catastral.

Unha plataforma, non catorce produtos

Inxestión, inferencia, alertas, evidencia e auditoría son o mesmo núcleo para todos os casos. Engadir un detector novo non obriga a un despregamento novo nin a outro contrato de mantemento.

Calquera cámara vale

Conéctase por RTSP e ONVIF ás cámaras IP existentes, e tamén ás embarcadas en vehículos, ao móbil dun axente, a unha térmica e ao vídeo dun dron. Se dá imaxe, serve. Sen obra civil e sen licitar de novo a infraestrutura de captación.

Adéstrase para o seu evento

Se o detector existe, actívase. Se non existe, adéstrase con imaxes reais da súa contorna e valídase con métricas medidas sobre o seu propio conxunto de proba antes de pasar a produción.

A imaxe non sae se non debe

A inferencia execútase no bordo, na propia instalación. Cara a fóra viaxa o metadato do evento, non o vídeo. Anonimización de rostros e matrículas activada por defecto onde o caso de uso non esixe identificar.

Caso destacado · Persoas

Canta xente hai, onde se está a xuntar e sen saber quen é ninguén.

É o que máis nos piden e onde a diferenza se nota antes: festas patronais, romarías, concertos, praias, feiras, cabalgatas, manifestacións. A cámara conta e mide densidade en tempo real; o rostro nunca fai falta para iso, así que non se garda.

cam-11 · praza maior · aforo 1.500 en directo
rostros pixelados ↑ 412 entradas · ↓ 94 ZONA A · 0,7 pers/m² ZONA B · 2,4 pers/m² ZONA C · 3,8 pers/m² · AGLOMERACIÓN
Deslice a escena para ver o detalle →
Aforo actual
318 / 1.500

21 % da capacidade autorizada

Densidade máxima
3,8 pers/m²

Zona C por riba do limiar de 3,0. Aviso enviado ao posto de mando.

Fluxo acumulado
+318

412 entradas e 94 saídas polo acceso norte

Aforo en tempo real

Cantas persoas hai agora mesmo dentro do recinto, contra a capacidade autorizada. Sen torniquetes, sen pulseiras e sen contar a man.

Mapa de densidade

Persoas por metro cadrado, zona a zona. Vese onde se está a formar o tapón antes de que sexa un problema de seguridade.

Alerta por limiar

Cada zona leva o seu propio límite. Ao superalo salta o aviso ao posto de mando, ao móbil do responsable ou ao sistema que xa use a unidade.

Entradas, saídas e permanencia

Fluxo acumulado por cada acceso e tempo medio de estadía. O informe do evento sae só, cos datos que pide a autorización.

Pódese pixelar por zonas da imaxe.

Contar persoas non esixe recoñecer a ninguén, e a plataforma trátao así desde o primeiro fotograma. Vostede decide que partes da escena se ven e cales se emborranchan, e esa decisión aplícase antes de que a imaxe se garde ou saia da instalación.

  • Pixelado permanente de rostros e matrículas en toda a escena.
  • Zonas de exclusión debuxadas sobre a imaxe: portais, ventás, terrazas privadas ou un colexio quedan emborranchados e nunca se procesan.
  • Ou ao revés: só se analiza o recinto do evento e o resto da escena descártase.
  • O pixelado aplícase no bordo, así que a imaxe sen emborranchar non chega a saír do equipo.
  • Queda rexistrado que máscara estaba activa en cada momento, para poder acreditalo.
O QUE CAPTA A CÁMARA O QUE SE GARDA zona excluída 3 persoas · 0 identidades A imaxe orixinal nunca sae do equipo de bordo. Só o metadato e, se o caso o esixe, o recorte xa tratado.
Deslice a escena para ver o detalle →

Antes e despois do tratamento, sobre o mesmo fotograma

Térmica

O que a cámara normal non ve: a calor.

Unha cámara térmica non mira cores, mira temperatura. Iso cambia o que se pode detectar e, sobre todo, cando: unha brasa antes de que haxa lume, unha persoa entre a maleza ás tres da madrugada, un cadro eléctrico que se está a quentar antes de que arda. O motor é o mesmo; o que cambia é o sensor.

térmica-02 · monte · 03:41 foco de calor
78 °C · conato contorna 11 °C frío → calor
Deslice a escena para ver o detalle →

Incendio antes do lumeVixilancia de masa forestal, vertedoiros, plantas de residuos e puntos limpos. Detecta a brasa pola súa temperatura, non polo fume, así que o aviso chega antes e de noite funciona igual que de día.

dron-térmica · ribeira · 04:12 persoa localizada
fauna · 28 °C persoa · 34 °C 42.3712 · -8.4058
Deslice a escena para ver o detalle →

Rescate e buscaUnha persoa desaparecida emite calor aínda que estea entre a maleza, nun noiro ou na auga. Sobre dron, a varredura cobre en minutos o que a pé leva horas, e cada achado sae coas súas coordenadas para o equipo de terra.

Incendio e punto quente

Conato no monte, colector a arder, vertedoiro en combustión e brasas tras un incendio xa apagado, para saber onde pode reavivarse.

Busca e rescate

Persoas desaparecidas, náufragos, accidentados en zona forestal ou xente na auga de noite. Para Protección Civil, bombeiros e salvamento.

Termografía de instalacións

Cadros eléctricos, centros de transformación, motores e campos fotovoltaicos: a célula ou o borne que se quenta vese antes de que falle.

Catálogo de detectores

Se se pode ver, pódese adestrar.

Unha mostra dos eventos que hoxe detectamos, agrupados pola unidade que adoita pedilos. Os marcados en cor están en produción dentro dalgún dos nosos produtos; o resto despréganse como detector de plataforma. Ningunha destas listas é pechada nin pretende selo: son o punto de partida da conversa, e valen igual sobre unha cámara fixa, unha embarcada, un móbil ou un dron.

Persoas e espazo público

Para Policía Local, Protección Civil, Festas, Deportes e Cultura. Reconto e aforo sen identificar a ninguén.

  • Reconto de persoas
  • Control de aforo
  • Densidade e aglomeracións
  • Control de masas en eventos
  • Aforo de praia
  • Colas e tempos de espera
  • Caídas e persoas no chan
  • Permanencia anómala
  • Ocupación de terrazas e veladores
  • Uso de instalacións deportivas
  • Busca de persoas con térmica
  • Persoas na auga e en zona de baño

Seguridade e convivencia

Para Seguridade Cidadá, Limpeza Viaria, Medio Ambiente e Patrimonio.

  • Vandalismo e grafitis
  • Vixilancia embarcada encuberta
  • Vertidos ilegais
  • Colectores desbordados
  • Foco de calor e incendio incipiente
  • Fume en fase temperá
  • Intrusión perimetral
  • Vehículos abandonados
  • Obxectos abandonados
  • Merodeo en zona sensible
  • Botellón e acumulación de residuos
  • Estado do mobiliario urbano

Mobilidade e tráfico

Para Mobilidade, Tráfico, ORA e control de Zonas de Baixas Emisións.

  • Lectura de matrículas (ANPR)
  • Control de acceso a ZBE
  • Ocupación de praza e ORA
  • Dobre fila e parada indebida
  • Invasión de carril bus e bici
  • Aforo e clasificación de vehículos
  • Prazas PMR ocupadas indebidamente
  • Carga e descarga fóra de horario
  • Reconto de bicicletas e patinetes
  • Peóns en paso de cebra

Territorio, catastro e patrimonio

Para Urbanismo, Xestión Tributaria, Parques e Xardíns e xestoras de infraestrutura. Sobre voo de dron ou ortofoto.

  • Detección de piscinas
  • Censo de placas solares
  • Inventario de arboredo
  • Estado do pavimento e fochancas
  • Obra sen licenza e ampliacións
  • Cubertas en mal estado e amianto
  • Vertedoiros incontrolados
  • Saúde da masa arbórea e pragas
  • Risco de incendio e biomasa
  • Puntos quentes tras un incendio
  • Antenas e instalacións en cuberta
  • Termografía de cadros e fotovoltaica
  • Fugas e perdas térmicas en edificios

Non está na lista o que vostede precisa? É a pregunta habitual e a resposta adoita ser que si se pode. O que determina a viabilidade non é o catálogo, senón tres cousas: que o evento sexa visible na imaxe, que exista un ángulo e unha resolución razoables, e que poidamos reunir exemplos abondos para adestrar e validar. Nunha sesión dunha hora sobre as súas propias cámaras saímos da dúbida.

Actuación

A cámara non só avisa. Acciona.

Unha alerta que ninguén ve a tempo non serve de nada. Cando o caso o permite, a detección dispara directamente o mecanismo: un contacto de relé, un torno que se abre, unha barreira que baixa, un peto que sobe. A cámara deixa de ser unha testemuña e pasa a ser parte da instalación.

01 · Detección

O modelo ve o evento

Matrícula autorizada, aforo por debaixo do límite, vehículo na zona de carga, persoa en área restrinxida.

02 · Regra

Compróbase a condición

Zona, limiar de confianza, franxa horaria, lista branca ou negra, e o estado das outras cámaras se a regra as cruza.

03 · Decisión

Automática ou supervisada

O acceso físico pode resolverse só. Todo o que teña consecuencia sancionadora pasa antes por unha persoa.

04 · Actuación

O mecanismo responde

Saída de relé, orde por API ao fabricante do equipo ou mensaxe ao sistema de control que xa goberna a instalación.

Contacto seco e relé

Saída GPIO ou módulo de relés para calquera equipo que se peche cun contacto. É o denominador común de case toda a instalación existente.

Tornos e portas

Apertura por aforo dispoñible, por acreditación válida ou por matrícula en lista branca. Peche automático ao acadar a capacidade autorizada.

Barreiras e cancelas

Aparcadoiros, accesos a recinto, moles de carga e viais de servizo. A lectura de matrícula abre sen ticket nin mando.

Petos retráctiles

Control do casco histórico e de zonas peonís: baixa para o residente ou o servizo autorizado e volve subir detrás.

Sinalización e megafonía

Paneis de mensaxe variable, semáforos de acceso e avisos por megafonía cando unha zona se achega ao seu límite de aforo.

O sistema que xa o goberna todo

Se a instalación ten o seu propio control de accesos, SCADA ou xestión de edificio, a orde vai alí por API, webhook ou MQTT en vez de duplicar o mando.

Onde poñemos a raia. Abrir unha barreira a un residente ou pechar un torno porque o recinto está cheo pódese automatizar sen problema. Unha denuncia, unha sanción ou calquera medida que afecte aos dereitos dunha persoa, non: aí a detección é unha proposta que un axente valida, e así queda rexistrado. É o que esixe o Regulamento europeo de IA e é como o entregamos.

Investigación

Varias cámaras, unha soa regra, o percorrido completo.

Unha cámara soa responde a «que pasou aquí». Cruzando varias cunha regra respóndese a «por onde entrou, onde estivo e por onde marchou». É o traballo de investigación que hoxe se fai revisando gravacións a man durante horas, resolto nunha consulta.

cam-01 cam-09 cam-15 cam-03 · 21:14:02 cam-07 · 21:19:47 cam-12 · 21:31:10 · SAÍDA 21:1421:1921:31 17 min
Deslice a escena para ver o detalle →
Regra de investigación
buscar vehículo
matrícula 4521-KLM
en cam-01 … cam-18
entre 21:00 e 22:00
ordenar por hora de paso
e reconstruír percorrido
3 coincidencias en 1,4 s

Busca cara atrás

Sobre o xa gravado, sen volver miralo. «Todos os vehículos brancos que pasaron por estas catro cámaras entre as 21:00 e as 22:00.»

Regras que cruzan cámaras

«Se entra polo acceso norte e non sae por ningún en dúas horas, avísame.» A condición avalíase sobre varias cámaras á vez, non sobre unha.

Percorrido sobre o plano

As coincidencias colócanse no mapa e na liña de tempo, coa cartografía oficial de GeoCore360 debaixo. O percorrido vese, non se deduce.

Informe asinado

O resultado expórtase como atestado ou informe pericial: fotogramas, horas, coordenadas, hash de cada evidencia e quen fixo a consulta.

Toda consulta deixa rastro. Quen buscou, que buscou, cando e con que xustificación. O acceso á busca retrospectiva dáse por perfil e por ámbito territorial, e o rexistro é inalterable. Sen esa trazabilidade, unha ferramenta así non debería entrar nun organismo público.

Como funciona

Da imaxe ao expediente, en catro pasos.

O mesmo percorrido para contar persoas nunha praza que para localizar piscinas nunha ortofoto. Cambia o detector, non a plataforma.

PASO 01

Conectar a fonte

Cámara IP existente por RTSP ou ONVIF, cámara embarcada en patrulla, móbil do axente, cámara térmica, vídeo de dron en voo ou post-voo e ficheiros xa gravados. Sen substituír a infraestrutura de captación.

PASO 02

Definir o evento

Escóllese o detector do catálogo ou defínese un novo coa unidade que o vai usar: que conta como evento, que non, que limiar de confianza e en que zona da imaxe se aplica.

PASO 03

Adestrar e validar

Etiquetaxe sobre imaxes reais da súa contorna, adestramento e validación contra un conxunto de proba propio. Entrégase o informe de métricas antes de dar o detector por bo.

PASO 04

Alertar e integrar

O evento sae por API REST, webhook ou cara á súa plataforma de videovixilancia, GIS ou expediente municipal, coa súa evidencia asociada e o seu rexistro de auditoría.

Sete exemplos en produción

Sete exemplos do que xa fai. Non son o límite.

Estes sete produtos son a proba de que o motor funciona na rúa, non unha promesa de laboratorio: cada un resolve un caso concreto, coa súa normativa e o seu dominio propio. Pero son exemplos, non o catálogo. O motor é o mesmo para calquera outro evento e para calquera outra cámara. Se o seu caso encaixa nun deles, comece por aí; se non encaixa en ningún, é exactamente para o que existe a plataforma.

Mobilidade · ANPR

OCR-ID

Lectura automática de matrículas embarcada en coche patrulla, motocicleta, dron e maletín portátil, con integración DXT e cadea de custodia.

Ver OCR-ID
Convivencia · Forense

Grafiti-ID

Deep learning que identifica o autor dunha pintada polas características do trazo, con cruzamento entre concellos e peritaxe para expediente.

Ver Grafiti-ID
Aéreo · Frota UAS

Drone-ID 360

Xestión de frota con identificación do piloto e rexistro auditable de voos, máis un catálogo de módulos de IA sobre o vídeo aéreo.

Ver Drone-ID 360
Encuberta · Embarcada

VIGÍA360

Catro cámaras agochadas nun vehículo corrente, con IA embarcada que detecta e clasifica persoas e vehículos sen operador diante da pantalla.

Ver VIGÍA360
Bodycam · Dash cam

Sentinel COP360

Cámara corporal e de vehículo con streaming 4G en directo, GPS e pregravación. A analítica de vídeo vai embebida na propia cámara.

Ver Sentinel COP360
Mobilidade · Estacionamento

Aparca360

Zona azul e autorizacións de acceso con app de policía: OCR de matrícula sobre o terreo e conexión coas cámaras LPR xa instaladas.

Ver Aparca360
Xeoespacial · API

GeoCore360

O núcleo cartográfico onde aterran as deteccións: IGN, Catastro e PNOA, xeocercas e detección por IA sobre o territorio, como API REST.

Ver GeoCore360

E a detección non remata na cámara. O que CentinelIA360 detecta entra despois nos sistemas onde se traballa: o expediente de Appolo na xefatura de Policía Local, a incidencia cidadá de Centinel360, o despregamento de ProteCivil360 en emerxencias ou o vehículo de FlotaCore360. O catálogo de Labrax segue medrando e calquera detector novo súmase sen tocar o núcleo.

Tecnoloxía

Que hai debaixo.

Arquitectura modular: a inxestión, o motor de inferencia, as regras de negocio e a saída son pezas separadas. Cambiar de detector non obriga a tocar o resto da cadea.

Tipos de modelo
Detección, segmentación, clasificación, seguimento, OCR e térmicos
Fontes de vídeo
RTSP, ONVIF, embarcada, móbil, térmica, dron, ortofoto e ficheiros
Despregamento
Equipo no bordo, servidor propio do cliente ou nube en territorio español
Saída
API REST, webhooks, cola de mensaxes e exportación GIS
Evidencia
Recorte, selo de tempo, coordenadas e hash de integridade
Gobernanza
Limiar por detector, supervisión humana e rexistro de decisións

Inxestión

Subscríbese ao fluxo da cámara sen interferir na gravación existente. rtsp:// · onvif · mp4

Inferencia

O detector execútase sobre acelerador local. A imaxe non abandona a instalación. edge · GPU

Regras

Zona de interese, limiar de confianza, persistencia mínima e horario no que a regra se aplica.

Alerta

Notificación ao posto de mando, ao móbil do axente ou ao sistema que xa utiliza a unidade.

Evidencia e auditoría

Cada detección deixa rexistro de quen a viu, que decidiu e cando. hash · timestamp · GPS

Cumprimento normativo

Aplicar IA sobre a vía pública obriga a xustificalo. Nós partimos de aí.

Cada despregamento documéntase antes de acenderse: finalidade, base xurídica, categoría de risco segundo o Regulamento (UE) 2024/1689 de Intelixencia Artificial, medidas de minimización, prazo de conservación e quen supervisa as decisións. Cando o caso de uso non esixe identificar unha persoa, a anonimización vén activada de fábrica.

Certificados en xestión da intelixencia artificial.

A ISO/IEC 42001 é a primeira norma internacional que audita como unha empresa goberna os seus sistemas de intelixencia artificial: como avalía os riscos de cada modelo, como documenta para que se usa, quen supervisa as súas decisións e que pasa cando se equivoca. Non certifica que a IA funcione: certifica que hai alguén respondendo por ela.

É a diferenza entre mercar visión artificial a un provedor auditado e mercarlla a alguén que di que a súa é fiable. Nun prego que aplique o Regulamento Europeo de IA, é exactamente o que lle van pedir ao adxudicatario.

Certificado 26MS280702 · vixente ata 07/2029 · a nome de Labrax Soluciones, S.L.

ENS categoría Alta · RD 311/2022 ISO/IEC 42001:2023 · xestión de IA ISO/IEC 27001 · seguridade da información UNE-EN ISO 9001 · calidade UNE-EN ISO 14001 · ambiental RXPD e LOPDGDD Regulamento (UE) 2024/1689 de IA ENI · RD 4/2010 UNE-EN 301549 · accesibilidade
Modalidades

Tres formas de incorporar CentinelIA360.

A elección depende de se o organismo prefire gasto corrente ou investimento, e de se o vídeo pode saír ou non das súas instalacións.

Servizo xestionado

Cota periódica por cámara e detector activo. Labrax opera a plataforma.

  • Sen investimento inicial en equipamento
  • Actualización continua de modelos
  • Soporte e readestramento incluídos
  • Encaixa en contrato de servizos

Licenza nos seus servidores

Despregamento completo na infraestrutura do organismo, incluído o equipo de bordo.

  • O vídeo non sae da instalación
  • Control total do dato e da retención
  • Integración co CPD municipal
  • Mantemento anual opcional

Proxecto a medida

Cando o evento a detectar aínda non existe e hai que construír o detector desde cero.

  • Captura e etiquetaxe do conxunto de datos
  • Adestramento e validación documentados
  • Proba de concepto acoutada antes de escalar
  • Financiable con fondos de dixitalización
Preguntas frecuentes

O que nos preguntan antes de decidir

Necesito cambiar as miñas cámaras para usar CentinelIA360?
Non. CentinelIA360 conéctase ao CCTV que xa ten instalado mediante RTSP e ONVIF, que son os protocolos estándar de practicamente calquera cámara IP profesional. Tamén acepta vídeo de cámaras embarcadas en vehículos, de drons e de ficheiros xa gravados. Só se substitúe unha cámara cando a súa calidade de imaxe non permite resolver o evento concreto que se quere detectar, e iso compróbase antes de contratar nada.
Pódese adestrar o sistema para detectar algo que non está no catálogo?
Si, e é o formulación da plataforma. Partindo de modelos base de detección e segmentación adéstrase un detector específico con imaxes reais da súa contorna. O proceso inclúe etiquetaxe, adestramento, validación contra un conxunto de proba propio e un informe coas métricas obtidas antes de pasar a produción.
As imaxes saen do concello ou da instalación?
Na modalidade de inferencia no bordo, non. O procesamento execútase sobre un equipo situado na propia instalación e cara ao exterior só viaxa o metadato do evento: que se detectou, cando, onde e con que confianza. O recorte de imaxe consérvase unicamente cando o caso de uso esixe evidencia e sempre baixo a política de retención acordada.
Que precisión ten un detector de CentinelIA360?
Depende do evento, da calidade da imaxe e do ángulo da cámara. Por iso cada detector se entrega coas súas métricas medidas sobre un conxunto de validación da súa propia instalación e cun limiar de confianza configurable. Non publicamos cifras xenéricas de precisión porque non serían representativas do que vostede vai obter.
Como encaixa isto co Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial?
O despregamento documéntase caso por caso: finalidade, base xurídica, categoría de risco segundo o Regulamento (UE) 2024/1689, medidas de supervisión humana e rexistro de decisións. Labrax Soluciones dispón dun sistema de xestión da intelixencia artificial conforme a ISO/IEC 42001:2023, que é o marco sobre o que se gobernan estes despregamentos. Os usos prohibidos polo Regulamento non se implementan.
Hai que contratar toda a plataforma ou pódese comezar por un caso?
Pódese comezar por un único detector sobre un número reducido de cámaras e ampliar despois. O núcleo de plataforma é o mesmo, de xeito que engadir un segundo ou un terceiro caso de uso non obriga a un despregamento novo nin a duplicar infraestrutura.
Que diferenza hai entre CentinelIA360 e o resto de produtos de Labrax?
OCR-ID, Grafiti-ID, Drone-ID 360, VIGÍA360, Sentinel COP360, Aparca360 e GeoCore360 son verticais especializados que resolven un problema concreto de principio a fin, cada un coa súa normativa e a súa operativa. CentinelIA360 é a capa de visión artificial común sobre a que funcionan e a porta de entrada cando o caso de uso non encaixa en ningún deles, ou cando un mesmo organismo quere varios eventos sobre a mesma infraestrutura.
Comezamos?

Cóntenos que precisa detectar

Un asesor revisará con vostede o evento que quere resolver, as cámaras das que dispón e se o caso é viable tal e como está formulado. Se non o é, dirémosllo. Sen compromiso, confidencial, resposta en 24 horas hábiles.

Os seus datos transmítense de forma segura. Toda comunicación baixo acordo de confidencialidade.

Información básica sobre protección de datos
Responsable
Labrax Soluciones, S.L. · CIF B70334529 · R/ Emilio González López 51, baixo, 15011 A Coruña
Finalidade
Atender a súa solicitude de información ou demostración e, se é o caso, manter a relación comercial derivada.
Lexitimación
O seu consentimento e a aplicación de medidas precontractuais a pedimento seu.
Destinatarios
Non se ceden datos a terceiros nin se realizan transferencias internacionais. Os datos alóxanse en territorio español.
Conservación
Mentres dure o interese comercial e, despois, o prazo legal de prescrición das responsabilidades derivadas.
Dereitos
Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade escribindo a info@centinel-ia360.com, e reclamación ante a AEPD. Máis detalle na política de privacidade.